Pose Calvo, Lorena
Soto Moragón, Juan José Armando
UNHA MULLER, UNHA ARTISTA.
Ana María Manuela Isabel Xosefa Gómez González. Unha extensa composición de nomes para definir algo tan simple e, á vez, tan difícil de atopar na maior parte das persoas:
IMAXINACIÓN.
É o día cinco de xaneiro de 1902, e na rúa Porlier, a antiga rúa do Sol, escóitanse os primeiros berros desta viveirense. A esta meniña que chega á vila mariñeira de Viveiro, recíbena moi ledos Escoleres, Nubeiros e Tronantes. Lóstregos, frío e auga baten na mariña luguesa naquela véspera de Reis. É a cuarta filla dos catorce que dará a luz Pilar González Lorenzo, a dona do administrador de alfándegas Xusto Gómez Mallo. A parroquia de Santa María do Campo recóllea como a outros tantos nenos viveirenses. Xixón, Vigo, Tui, Verín, Corcubión ou Avilés han ser vilas que recorrerá nos primeiros anos da súa vida por mor do traballo do seu proxenitor.
A POLÍTICA NA VIDA E NA OBRA DE MARUXA MALLO.
Cando a arte vangardista estaba totalmente nas mans dos homes, irrompe de súpeto na escena da vida e da pintura creativa unha muller galega. Maruxa Mallo habería ser unha artista que marcaría o novo rumbo da arte en España e en moitos países estranxeiros, aínda que con escaso recoñecemento nos seus primeiros pasos.
Con moi poucos anos de idade, trasládase a Avilés debido aos compromisos laborais do seu pai, na Escola de Artes e Oficios comeza a copiar ilustracións de revistas da época e a involucrarse politicamente nelas.
Xa con vinte anos, e residindo de forma habitual no Madrid dos anos 30, gustaba de xogar a escandalizar, a envolverse no misterio e a deixarse admirar polos intelectuais da época, pero non por iso deixou de ser unha sólida estudosa da teoría da arte, unha mente progresista sen medo a comprometerse politicamente, e unha galega que preferiu venderse como “celta do mundo”. É nesta cidade onde comeza a relacionarse con escritores e pintores que chegarían ser personaxes moi famosos, Dalí, Lorca, Buñuel, María Zambrano e Alberti son algún dos seus compañeiros, nese momento, na Real Academia de Belas Artes.
Existe dese tempo unha anécdota que a retrata moi ben. Un día, a comezos da década dos 30, Maruja paseaba por Madrid xunto coa súa amiga Concha Méndez –unha das poetas máis inxustamente esquecidas da Xeración do 27-. Ao pasar por unha Gran Vía ateigada de xente, decidiron guindar os seus chapeus ao chan, e asemade rir ás gargalladas mentres os paseantes máis conservadores as increpaban. Isto semella unha extravagancia xuvenil, pero en realidade foi unha forma rabuda de protestar contra das normas estabelecidas que obrigaban ás señoritas de boa familia a levar a cabeza en público cuberta en todo momento, xa que o cabelo ao ar podía causar un pudor similar ao que ao día de hoxe empregan moitos dos musulmáns para xustificar o veo nas súas mulleres. A moitas das mozas que naceran co século XX non lles gustaba esta imposición, o que deu lugar a un movemento chamado comicamente “sensombreirismo”. Este detalle dos sombreiros amosa como foi tomando conciencia de clase, desaburguesándose naquel mundo intelectualmente tan rico que foron os anos da República.
Poucos anos máis tarde concedéuselle unha bolsa de estudos para ir a aquel París que tanto acabaría influíndo na súa pintura, a súa arte cambiará radicalmente alcanzando unha mestría e destreza totalmente revolucionarias. A primeira exposición ten lugar na Galería Pierre Loeb. Corre o ano 1932. Comeza a súa etapa surrealista.
De volta a Madrid adquire xa un arraigado compromiso coa República Española, colabora a partir da práctica pedagóxica. Dá clases de debuxo e cerámica; nesas obras Maruxa reflicte a situación da época, pero desgraciadamente a maior parte destas pezas, moitas das cales se crearan para exposicións que, baixo o título da defensa da cultura, se celebraron en Madrid so o tronar dos bombardeos, foron destruídas por causa da guerra.
Por mor destas actividades docentes trasládase a Galiza coa finalidade de participar en misións educativas. É nesta terra onde tras moitas folías e levantamentos populares, a Guerra Civil sorprende a nosa protagonista.
A influencia da Guerra Civil Española primeiro, e da Segunda Guerra Mundial despois, inciden de maneira moi importante na vida desta galega, xa que estas dúas grandes guerras fracturaron violentamente a arte no século vinte, é por mor delas polo que moitos dos seus máximos representantes se viron na obriga de fuxir cara ao exilio. A Maruxa, a terrorífica entrada do fascismo no ano 1936 e o estoupido da guerra civil cóllena en Galiza, concretamente na parroquia de Beluso, na ría de Pontevedra, xunto ao que por aquel tempo era o seu noivo, o galego Alberte Fernández “Mezquita”. Este home, sindicalista ferroviario, é membro do POUM, Partido Obreiro de Unificación Marxista. É este un partido que xorde en Barcelona a partir da unificación da Esquerda Comunista de España, e é da man de “Mezquita” co que coñecerá o sindicalismo de vangarda e con quen compartirá reunións e mitins por boa parte da xeografía española.
Maruxa móvese xa no medio de ambientes da esquerda política española. É neste verán do 36 cando decide ir vivir á casa dos seus tíos en Vigo. Vila Balbina en Lavadores acubíllaa até 1937, data na que marcha á Arxentina.
As súas lecturas sobor do Marxismo favorecerán o seu interese e o seu compromiso coa clase traballadora. E é xusto na última manifestación obreira antes da guerra -no Paseo de Recoletos, na Vila de Madrid- e co motivo do 1º de maio, -á que acode con escritores, pintores e líderes da cultura e do sindicalismo de vangarda, onde abrolla unha marabillosa idea que a levaría a crear unha das súas obras máis representativas: A sorpresa do trigo. Unha pintura cunha clara mensaxe: Son as mans traballadoras as que producen o pan. O lenzo, que pasa a formar parte da serie “A Relixión do Traballo”, posteriormente acompañaríaa polo exilio nas Américas.
Xa no exilio, en Bos Aires, colabora directamente coa vangardista revista Sur, na que ten a oportunidade de tratar profesionalmente con Borges. Asemade dedícase a viaxar, pintar e ao deseño. Tanto foi así que en 1939 publica un libro co título “O popular na plástica española a través da miña obra“, onde os personaxes que nel se reflicten, adoitan ser mulleres influenciadas polas distintas situacións que a ela lle aconteceran nos últimos tempos. É o estilo precursor do que máis tarde daría en chamarse Arte Pop Estadounidense. Comeza a súa etapa dedicada a recrear a natureza suramericana. É a serie “Marinas”.
É aquí, en Arxentina, onde se encontra co peronismo. Un movemento de masas creado sobor da figura de Xoán Domingo Perón do que acabará fuxindo en 1965. Maruxa deixa o país e trasládase a Nova York onde as súas exposicións se suceden con moito éxito e dende alí regresa a España. Volve soa. Como marchou. É unha completa descoñecida despois de vinte e cinco anos de exilio. Segue pintando pero xa sen unha vida pública relevante. Coa súa saúde xa moi deteriorada, esta artista, profundamente comprometida coa arte e a política, morre soa e abandonada aos 93 anos da súa idade nunha residencia xeriátrica despois de recibir o premio de Belas Artes e o Premio Nacional de Artes Plásticas. Só un personaxe relevante da política naquel tempo a acompaña no seu pasamento. Ela é a ministra de Cultura Carmen Alborch.
10.1.10
c. Influencia do contexto político
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Novas sobre Maruja Mallo
- O Museo de Castrelos tenta incluir "Carrusel" na súa colección
- Maruja Mallo
- El cuadro de Maruja Mallo que pretende el Concello [de Vigo] está valorado en 180.000 euros
- Escultura de homenaxe a Maruja Mallo
- MUJER Y VANGUARDIA
- Los orígenes de Maruja Mallo
- Una mujer, en el día de la mujer: Maruja Mallo
- ‘Dos mujeres’ (MARÍA ZAMBRANO y MARUJA MALLO), por ANGÉLICA TANARRO
- El Museo de Castrelos intenta desde hace más de años adquirir un cuadro de Maruja Mallo
- Karteria. Maruja Mallo
- La vanguardia española también se llama Maruja Mallo
- De pintores y poetas: Maruja Mallo y Rafael Alberti
- La mujer-alga
- Las algas de Maruja Mallo
- Maruja Mallo en su centenario
- Maruja Mallo
- Maruja Mallo
- Maruja Mallo… una mujer surrealista
- Una mujer, en el día de la mujer: Maruja Mallo
- Maruja Mallo. Mitad ángel, mitad marisco
- Maruja Mallo, vida i pintura
- La genialidad transgresora de Maruja Mallo
- Exposición “En torno a Maruja Mallo”
- Homenaje de Gloria Torner a Maruja Mallo
- Verdad, mujeres y arte
- A obra de MM en Vigo
- La mayor restrospectiva de MM en Madrid
- Diario de un escéptico
- Maruja Mallo na Academia de S. Fernando
- Exposición de Galería de Mulleres de Muxía
- Homenaxe a Maruja Mallo
- Cantabria Liberal . torner homenaxea a Maruja Mallo
- ElCultural.es-La hora de Maruja Mallo
- Las espigas surrealistas de Maruja Mallo
- Carta apócrifa de Miguel Hernández a Maruja Mallo
- La vanguardia española también se llama Maruja Mallo
Nenhum comentário:
Postar um comentário